A burra Rosalía

Clik para ver Video Entrevista a romer

Entrevista a Alberto Romero Rodríguez “Romer”, persoa polifacética e, entre outras, cousas presidente da “Asociación Cultural Muiñeiros do Río Tripes”.

Acompáñame na entrevista Emilio Alonso colaborador de ANABAM

Tui a 22 de Marzo do 2016

p1070474

Romer vive en Randufe, parroquia do concello de Tui. No barrio de Chan do Carrasco. Aí ten un destes animais antes tan habituais e agora escasos, posiblemente en vías de extinción.

Agradecemos a Romer a súa disposición para compartir con nós o seu saber sobre estes animais e colaborar para levar adiante o censo dos burros ou fariñeiros do Baixo Miño

Ricardo: Dende cando tes o burro?

Romer: Inda non ten un ano. Antes xa tiven outros, fai tempo. Sempre tiven burros na casa pero logo, por motivos da vida, houbo que deixalo e agora volvo a ter outra vez porque me gusta ter un burro.

Ricardo: Esta que tes agora é unha burra?

Romer: Si, esta é unha burra. Chamase “Rosalía” porque me gusta o nome de Rosalía, non sei por que?

Ricardo: Dende cando a tes?

Romer: Dende a feira de cabalos de San Bartolomé, o 24 de agosto do ano pasado. Compreina aí. Cando a mirei tan bonita.

E iso que agora non lle dou moito penso para que non teña tanto vicio.

Emilio: É que non deberías darlle penso ningún si non traballa.

Romer: Non traballa nada.

Emilio: Pois entón non lle des penso ningún.

Romer: O pienso, e verdade, non se lle debe dar.

Ricardo: Entón, a compraches polo gusto de ter un burro, por que te gusta?

Romer: Gústame o fariñeiro, e o outro motivo é que como están en perigo de extinción, para recuperar a especie.

Comprei unha femia porque teño intención de botala ó macho algún día, se podo. Teño unha cuadra libre e da pouco traballo.

Ricardo: Cantos burros tiveches en total?, dixeches que tiveras máis…

Romer: Tiven dous e con este son tres.

Ricardo: Como se chamaban os outros burros?

Romer: Un era “Bonito” e o outro creo que “Negro”.

Ricardo: Este de que raza é?

Romer: É un cruce, pero non che podo explicar, é un cruce con fariñeiro pero é bonito, bonito.

O día da festa (Os nosos fariñeiros, Burros e Muíños) vou botar unha charla con toda a xente. Como tódolos anos…., Emilio debe saber.

Levo muíños (de artesanía en pedra) e vou a falar un pouco do burro fariñeiro: características, como se debe ter, cales son os problemas que ten, por que andan pouco, asústanse moito e dan o tempo tamén. En vez de escoitar o tempo na radio podes dar o tempo polo burro fariñeiro. Iso vouno facer alí na festa.

Ricardo: Polo burro fariñeiro, por que? Segundo o tempo que este cámbialle o carácter ou que?

Emilio: E as horas!

Romer: E as horas si.

Ricardo: Parece que si, que había un burro que daba as horas ou din que daba as horas.

Romer: Si, pero o problema do burro é que no cambio da hora foderon a cousa. No cambio da hora o burro, as veces, non sabe que facer.

Ricardo: Algunha anécdota deste animal?

Romer: A única anécdota é que se me soltou, soltouse, rompeu a cabezada. É unha cabezada bastante boa. Chamáronme que tiña o burro solto, menos mal que non cruzara a estrada. Fun a xunto dela “Rosalía ben, ben” e viu dereita a min.

Ricardo: Canto custou a burra?

Romer: Pedíronme 250 €, pero interveu un amigo meu. Dixo o amigo meu “Este home merca a burra por que lle gustan os animais pero a merca tamén por que é presidente dunha asociación e quere ter un burro”. Polo menos que teñamos un burro no día da festa.

Entón empezou o feirante: ben pois sendo así a deixo en 200 €.

Ricardo: E si se quixera vender? Esta a compraches de pequena, agora que ten un ano canto podería custar?

Romer: Este non se vende.

Ricardo: Non se vende, pero de querer vendelo, canto custaría?

Romer: De querer vendelo iso xa é unha cousa do que quere mercar pero este burro si se vai a mercar agora bonito como está igual vale 500 €.

E ten unha forma de saudar, os burros saúdan a xente. Eu sei cando está enfadada, cando está contenta, cando ten moito perigo. Ao burro hai que saber estudarlle ben as manobras: Para rascarse déitanse no chan, o primeiro que fan o prende-los é deitarse por que se lle pica ráscanse; asústanse da auga case todos; os papeis brancos e os plásticos tamén os asustan; ao sacalos da casa se o levas a un sitio descoñecido asústase un montón porque non é o de tódolos días.

Ricardo: Que utilidades tiñan os burros por aquí, por esta zona?

Romer: Mentres que o campo se traballaba o burro ía a gradar, á herba cos ganchos, había algún que ía co carro. O que era mansiño ía so, dicíaselle “soo” e paraba. O que tiña eu facía así, tamén chegaba á estrada e paraba. Se utilizaba para o contrabando, andaba ao café. Para transportar piñas e leñas do monte, repartir peixe, panadería e nos muíños xa o di o nome.

É un animal que votes o que lle votes aguanta moito peso. É moi tranquilo,vai amodo.

O burro fixo de todo, o que non fixo o burro fariñeiro…?, é lento por moito que lle pegues non anda máis daquilo.

Ricardo: Cantos habería por esta zona?

Romer: Nestes momentos hai cinco burros que eu saiba. Hai quince anos na festa dos “Burros e Muíños” foron quince seguros pero non sei si foi algún máis. Foron todos por aquí o redor.

Ricardo: Que nomes tiñan os burros? Que nomes lles poñía a xente?

Romer: A burra Francis, o Lindo, o Pinto, o Recadeiro que o menciono no outro libro que escribín. O Recadeiro era de tía Ana, unha muller que tiña un muíño. Foise facendo vella e a filla díxolle: “Tes que mercar un burro para facer o traballo”.

O Recadeiro, unha historia bonita! O burro este foi o de máis fama de todo o entorno.

Ía só para arriba e para abaixo, a xente abusaba del. Traía o periódico, traía o pan para arriba e baixaba a fariña ás panaderías. Atopábase ó subir co Pinto, entón enredábase e a xente dáballe detrás “Veña, veña para o eido”.

Eses eran burros que tiñan que haberlle feito monumentos.

Fin

p1070473