A burriña “PLATERO”

01

CLIK PARA VER VIDEO A Burriña “Platero”

ENTREVISTA A ISABEL DO REGO MIRANDA.

TOMIÑO A 25 DE XUÑO DE 2016

Na entrevista está tamén o seu fillo “Willy” que é quen nos facilitou o encontro e nos levou ata a súa casa (Conectamos con el no bar social de Estás, onde traballa. Preguntamos alí se coñecían a alguén que tivera burro e el nos dixo que a súa nai tiña un e que estaría disposta a ser entrevistada).

Isabel vive no barrio de Outeiro, na parroquia de Estás do concello de Tomiño.

Agradecemos a Isabel e a “Willy” a súa colaboración con ANABAM na elaboración do censo dos burros fariñeiros do Baixo Miño

_imx5956

Cando chegamos sacaron ao animal da corte onde está á sombra no verán, por mor das moscas, e o trouxeron a unha especie de alpendre, dentro do recinto da casa, onde está no inverno. Nada máis chegar, púxose “a ganar a cebada” (deitouse no chan e deu un par de voltas lateralmente sobre o seu lombo).

CHELO.- Para que ten o animal?

ISABEL.- O teño para todo, para traballar, para facer abono e de compañía. Encántanme. Eu, teño moitos sobriños e xa son a tía do burro. Para os nenos da escola tamén.

CHELO.- Mercouno ou foi criado na casa?

ISABEL.- Tróuxomo un rapaz de Piñeiro. O que me levou as cabras, tróuxome o burro. Fixemos trato. Enterámonos del e como a min gústanme os burros, e non estaba contenta coas cabras, pois escollín o burro e non as cabras. Foi un trato coas cabras. O dono do burro, tiña que sacalo de onde estaba. Tíñao prestado e non estaba nunha casa de confianza…ao mellor paguei 350/400 € . Este rapaz ten cabalos tamén. Merqueino con carro e todo. Pregunteille se o animal ía co carro e díxome que sí e así foi, estupendamente, ata hoxe. Métese soliño e sae. Sácolle o “collarín” e el queda alí quietiño, non se me move, ata que eu o saque.

Viña con moita fame cando veu, porque o dono prestárallo a un veciño que ía a herba con el, pero non estaba ben atendido.

CHELO.- Dende cando ten o animal?

ISABEL.- Este, dende Xaneiro (2016) . Hai 5 meses.

CHELO.- Tivo outros antes deste?:

ISABEL.- Antes deste tiven outros dous. O primeiro teríao así como 2 anos e medio e o segundo ao mellor uns 18 anos. Ese non quería que lle tocásemos nas orellas. Faltáballe un anaco nunha orella, unha punta. Empezou a coxear, porque se non…aínda o tiña hoxe. O día que mo levaron non quixen estar na casa. Teño moitas fotos cos burros, pero téñoas con sobriños e así… O primeiro que tivemos, quixémolo poñer ao carro e era imposible, tirábamos nós máis ca o burro, porque era novo e estaba enteiro, logo capámolo. Este non, este dislle -vámonos- e quítolle o freo ao carro e vou ao lado del.

CHELO.- Como se chama?

ISABEL.“Platero”, xa viña co nome. Eu chámolle igual que lle chamaban.

CHELO.- Este e femia polo que vexo, cantos anos ten?

ISABEL.- Non o sei. Iso mírase na boca, pero non o sei. Cando o comprei xa era grande ao mellor ten 10 anos ou máis.

CHELO.- De que raza é?

ISABEL.- Non  o sei. O outro era máis grande ca este, tipo mulo, era doutro tipo. Era redondiño moi ben feito, e era escuro. Este non.

CHELO.- Cando mercan un animal destes teñen que vacinalo ou ir ao veterinario?

ISABEL.- Non, non.

CHELO.- Canto pode custar, de querer vendelo?

ISABEl.- Cando me desfixen do velliño, miramos un por Internet e pedíronnos 600 €. Cando me ensinaron este xa quedei con el.

CHELO.- Para que utilizan ou utilizaban os burros na zona?

ISABEL.- Para traballar, para transporte, para facer abono. Neste teño os ganchos para o transporte. Miña nai -que tiña panadería- ía á Guarda no burro dende Estás. Ao chegar á ponte do río Tamuxe non lle quería pasar. Aos burros non lles gusta a auga.

Póñolle o carro e vai perfectamente. Eu úsoo co carro, non cos ganchos, porque cos ganchos hai que balancear moi ben o peso, se non vaise para os lados. Hai que poñelos moi “nivelados “

CHELO- Pódelle parir?

ISABEL.- Non creo, veñen preparadas, penso. Eu non a quero para            parir nin nada, mentres é nova… Nunca a ferrei, porque para o que        traballa, non me merece a pena, porque non é para correr, nin para              andar montado e os campos témolos aquí moi cerquiña. Algúns          collen mal nas uñas, nós chamámoslle “O formigón” que se lle          comen todas por dentro, pero neste caso aínda non, e ao outro       tampouco o ferrei nunca. Ao mellor cada 2 ou 3 meses hai que       cortarlle as uñas.

Un animal destes… nin vacas nin nada… non dan leite, nin crías, pero          a min encántanme. Non dan traballo ningún, non é como un cabalo.   Un cabalo come moito pero a este unha alpaca desas -móstranos unha que hai nun alboio- dálle para varios días e eu o poño moito a   pastar fora. Este pasta moi ben. Pasta por aquí cerca. As alpacas     facémolas nós. Fixemos 52 alpacas. Segamos con segadora e despois       a máquina empaca e hai que traelas. Pero aí están. No inverno, se      chove, non vou co burro, nin mollo o burro nin lle dou herba   mollada. Pero se fai bo, ás 7 e media da mañá vou co burro e xa traio        o carro de herba, e xa teño para parte da semana, vou limpando nos        campos e traendo, porque está todo aquí cerquiña. É o único animal que teño para traballar na casa. Agora aquí ninguén ten animais     porque ninguén quere ir para o campo.

CHELO.- Algunha anécdota do animal?

ISABEL.- Encántanlle os nenos. Póñolle a dous enriba e vai perfectamente. El vai encantado con eles. Póñolle unha mantiña no lombo cando se soben os nenos. Os rapaces ata lle meten a man na boca, a mirarlle.

Fai case de can. El fai sinal de que hai xente.

É moi mansiño. Con este levo pouco tempo con el. Pero estou moi contenta. Cando me levanto o primeiro que fago e ir xunto á burra. Encántalle estar ao sol. Pero non o deixo cando hai calor porque non me gusta que estean as moscas a trabar nel, por iso o poño na cuadra. Trábano por detrás das patas. Eu vótolle “Flix”. O outro día voteille “Betadine”. Xa teño un bote solo para el. Rascábase moito, contra as paredes e así, porque algo lle picaba.

Como se rascaba, o rapaz que mo trouxo meteulle algo cunha xiringa pola boca e agora xa está ben.

Cambia de lán cada ano. Esta xa é toda nova. No inverno crécelle un pouco máis, pero agora non. Encántalle que o cepillen.

Cando veu empeceille a dar unha cebada en gran, molláballa primeiro. Tamén lle gusta moito o pan. Estes animais son moi cariñosos, pero tamén queren cariño. Encántalle que o cepille.

0203

 

 

Anuncios

Platero

p1070896

CLIK PARA VER VIDEO “PLATERO”

Entrevista a Saladina Martínez Moreira

Tui a 5 de Xuño de 2016

Saladína vive en Randufe, parroquia do concello de Tui, no barrio chamado Regueiro. Posúe un dos poucos exemplares de burros e mulos que van quedando pola zona. Ás veces estes animais son de razas pouco definidas ou incluso descoñecidas para os propios donos.

Agradecemos a Saladina a súa colaboración con ANABAM na elaboración do censo dos burros fariñeiros do Baixo Miño.

Ricardo: ¿Como se chama o burro?

Saladina: Platero

Ricardo: Platero como o do libro, solo que este é de capa escura. ¿E cantos anos ten?

Saladina: Xa debe levar con nos vinte e dous anos.

Ricardo: ¿E cantos anos tiña cando o compraron?

Saladina: Ai, iso xa non sei.

Ricardo: ¿E onde o compraron?

Saladina: Comprouno meu home aquí en Randufe, a un particular.

Ricardo: ¿Sabe de que raza é?

Saladina: Non, non sei. Este din que é cruzado, que é mulo. Este non é burro coma eses pequerrechiños.

Ricardo: Entón ¿será mulo?

Saladina: Iso dixeron. Os que había por aquí eran pouco máis grandes que unha ovella, por así dicir. Moito máis pequenos que este. E aqueles eran os brancos. Este dicían que podía ser mulo, pero non o sei.

Este é un macho e está capado, porque din que son máis tranquilos, que cando están sen capar son máis agresivos, e que poden morder. Eu daquela tiña os rapaces pequenos e tiña medo que lles puidera pasar algo.

Ricardo: ¿E xa estaba capado cando o compraron?

Saladina: Si, xa o compramos así.

Ricardo: ¿Antes de este burro tiveron algún outro?

Saladina: Tivemos unha burra do país, pero desfixémonos dela porque tiña mal querer. Púñase moi teimuda para poñela a traballar, ¡Non quería!

Ricardo: ¿Para comer, aparte de herba, danlle algo máis?

Saladina: Si, doulle un mimo a noite, póñolle un pouco de millo.

Ricardo: ¿Pola noite?

Saladina: Si, si, sempre e tamén palla seca, toxo…

Ricardo: Pero non pode beber cando toma o millo.

Saladina: Por iso llo dou pola noite. De noite non lle poño de beber, doulle ó mediodía, e cando non o saco póñolle de beber na cuadra.

Ricardo: ¿Ferrado non está?

Saladina: Non, nin estivo nunca. Córtalle o meu marido os cascos por debaixo cando van collendo gordura, vanlle crecendo as uñas e vaille cortando.

Ricardo: ¿Para que o compraron?

Saladina: Para os traballos das fincas. Cando o compramos andaba o carro, coa sachadora para botar o millo e todo.

Ricardo: ¿Ou sexa que para traballar en todas os labores do campo?

Saladina: Si, pero agora o pobre xa non pode. Cánsase e non pode, de feito xa non o poñemos a traballar.

Estará na corte hasta que el diga ¡non me levanto!, porque é moi boíño, moi cariñoso, moi mansiño. É como unha mascota.

Ricardo: ¿Había moitos burros por esta zona?

Saladina: Había poucos xa, eu recordo tres. Agora só queda este.

Fin

p1070904p1070900