Platero

p1070896

CLIK PARA VER VIDEO “PLATERO”

Entrevista a Saladina Martínez Moreira

Tui a 5 de Xuño de 2016

Saladína vive en Randufe, parroquia do concello de Tui, no barrio chamado Regueiro. Posúe un dos poucos exemplares de burros e mulos que van quedando pola zona. Ás veces estes animais son de razas pouco definidas ou incluso descoñecidas para os propios donos.

Agradecemos a Saladina a súa colaboración con ANABAM na elaboración do censo dos burros fariñeiros do Baixo Miño.

Ricardo: ¿Como se chama o burro?

Saladina: Platero

Ricardo: Platero como o do libro, solo que este é de capa escura. ¿E cantos anos ten?

Saladina: Xa debe levar con nos vinte e dous anos.

Ricardo: ¿E cantos anos tiña cando o compraron?

Saladina: Ai, iso xa non sei.

Ricardo: ¿E onde o compraron?

Saladina: Comprouno meu home aquí en Randufe, a un particular.

Ricardo: ¿Sabe de que raza é?

Saladina: Non, non sei. Este din que é cruzado, que é mulo. Este non é burro coma eses pequerrechiños.

Ricardo: Entón ¿será mulo?

Saladina: Iso dixeron. Os que había por aquí eran pouco máis grandes que unha ovella, por así dicir. Moito máis pequenos que este. E aqueles eran os brancos. Este dicían que podía ser mulo, pero non o sei.

Este é un macho e está capado, porque din que son máis tranquilos, que cando están sen capar son máis agresivos, e que poden morder. Eu daquela tiña os rapaces pequenos e tiña medo que lles puidera pasar algo.

Ricardo: ¿E xa estaba capado cando o compraron?

Saladina: Si, xa o compramos así.

Ricardo: ¿Antes de este burro tiveron algún outro?

Saladina: Tivemos unha burra do país, pero desfixémonos dela porque tiña mal querer. Púñase moi teimuda para poñela a traballar, ¡Non quería!

Ricardo: ¿Para comer, aparte de herba, danlle algo máis?

Saladina: Si, doulle un mimo a noite, póñolle un pouco de millo.

Ricardo: ¿Pola noite?

Saladina: Si, si, sempre e tamén palla seca, toxo…

Ricardo: Pero non pode beber cando toma o millo.

Saladina: Por iso llo dou pola noite. De noite non lle poño de beber, doulle ó mediodía, e cando non o saco póñolle de beber na cuadra.

Ricardo: ¿Ferrado non está?

Saladina: Non, nin estivo nunca. Córtalle o meu marido os cascos por debaixo cando van collendo gordura, vanlle crecendo as uñas e vaille cortando.

Ricardo: ¿Para que o compraron?

Saladina: Para os traballos das fincas. Cando o compramos andaba o carro, coa sachadora para botar o millo e todo.

Ricardo: ¿Ou sexa que para traballar en todas os labores do campo?

Saladina: Si, pero agora o pobre xa non pode. Cánsase e non pode, de feito xa non o poñemos a traballar.

Estará na corte hasta que el diga ¡non me levanto!, porque é moi boíño, moi cariñoso, moi mansiño. É como unha mascota.

Ricardo: ¿Había moitos burros por esta zona?

Saladina: Había poucos xa, eu recordo tres. Agora só queda este.

Fin

p1070904p1070900

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s