O burro Rubio

clik para ver video “Rubio”

Captura de pantalla (106)

Nesta ocasión estivemos con Mónica González Álvarez  e co seu primo Andrés que nos contaron moitas cousas interesantes sobre os burros. En Agosto volvemos para tomar novas imaxes e pasamos un rato charlando con eles e cos pais de Mónica: Carlos e Pilar

Mónica e a súa familia viven en Amorín, parroquia do concello de Tomiño, no barrio de Outeiro.

Agradecemos a súa colaboración na elaboración deste censo de Burros do Baixo Miño.

Tomiño  26 de Maio e 6 de Agosto de 2016

IMG_6091

 

Ricardo: ¿Como se chama o burro?

Mónica:  Chamase Rubio, puxémosllo nos que nós  papeis non tiña nome.

Ricardo: ¿ E cantos anos ten ?

Mónica: Ten 12 anos e está castrado,  xa o compramos castrado.

Ricardo: ¿Cando o comprastes?

Mónica: Comprámolo este ano o 4 de abril na feira de cabalos de San Telmo en Tui a

un feirante.

O burro ben de Gondomar, pertencía a un señor maior que lle deu algo estando no campo e morreu. Logo os familiares venderon os animais que tiña.

Ricardo: ¿Por que se castran os burros?

Mónica: Son mais tranquilos. Si están sen castrar aínda que non miren a unha femia en celo nótana o lonxe polo olfacto, tanto de egua como de burra. Poden botarse a escapar, son moi difíciles de dominar.

Normalmente cástranse por esa razón.

Este burro non é nin demasiado novo nin vello tampouco; como anda meu pai con el si o burro é moi novo e bota a correr, non pode correr detrás del. Tamén ten mais forza de novo.

Agora ten unha idade  boa para levar o animal con seguridade.

 

Ricardo:  ¿ A raza sabes cal é ?

Mónica:  Non sei, non ten pedigrí.

Ricardo:  ¿ Para qué o comprastes ?

Mónica:  Para carrexar cousas do campo: herba, millo, buscar leñas. Sementouse millo con el e pasou a grada.

Ricardo:  ¿ E ten carro ?

Mónica:  Si temos un carro. E o outro día foi a sementar millo, temos unha sementadora e vai el tirando

Ricardo: ¿ Antes de este burro, tivestes algún mais?

Mónica:  Este é o cuarto. A primeira que tivemos cando eu era pequena chamábase Cuca. Era unha burra fariñeira pequeniña que viviu polo menos 25 anos, morreu de velliña.

A segunda nola trouxo un feirante,  chamábase Linda.  Mais ou menos estivo con nos ata que o animal tiña mais ou menos 30 anos.

A terceira  chamase Cuca Tamén, pero esa cando nola venderon estaba forzada de traballo, moi mal coidada. Aínda que era nova non podía facer nada no campo porque a cadeira tiña mal e cada vez que se lle poñía o carro ou así, aínda que non levara peso non podía.

Debérona de tratar moi mal de nova e ten a columna toda torcida.

Esta regalámola a Javier  e está con outros animais, con ovellas,cabras. Failles compañía, coidándoas, que non se metan con elas.

Os burros son bos coidadores, protexen os outros animais. Gústalles a compañía das ovellas e das cabras.

Ricardo:  ¿ Para que se utilizaban os burros por esta zona ?

Mónica:  Para gradar, sementar, transportar leñas. Traballos de campo en xeral.

Ricardo:  ¿ Tes algunha anécdota ?

Mónica:  O Rubio coñece os camiños de memoria, vai por calquera lado, levalo a un sitio unha vez e xa sabe de sobra o camiño ¡ E increible!  A memoria que teñen os burros.

Unha vez a burra Linda escapounos e creo que ía dereita a un campo que temos no río, debeulle de picar algún bicho ou asustarse por algunha cousa .

Eu mirei a cabezada e dixen  ¡Ai a nosa burra!

Empezou a correr polo camiño a galope que nunca a mirara, non é normal que anden  a galope.

Chamei por ela pero de lonxe ¡Linda!  E escoiteina frear  e dixen ¡ Vente! E veu para casa como si nada ¡Pero lonxe é!

Ricardo:  ¿ Algunha outra cousa curiosa dos burros ?

Mónica:  Cando miran que a carga e demasiado grande non queren coller o carro.

Ricardo:  ¿ Pasouvos iso, si?

Mónica:  Si, a meu pai. Cando pon unha carga grande non se pon o carro, non lle da a gana e non.

Ricardo:  ¿E asústanse da auga ?

Mónica:  Este un pouco, chega a unha finca que ten un regato e o chegar ao regato non quere pasar. Os outros que tivemos non se asustaban.

Este debía de estar acostumado a unha voz suave e a voz do meu pai si lle fala alto asustase, pero tamén porque leva pouco tempo.

O día de San Xoán pola noite quixeron levalo da corte para facer a broma e dende ese día anda mais asustadizo. De feito  escapouse varias veces, nunha delas non sabíamos onde fora e atopámolo na parroquia de Currás

Fin