“CUCA”

clik para ver video“cuca”

P1080081 - copia

 

Javier  Gayoso Fernández enseñanos a súa burra Cuca

Javier vive en Amorín, parroquia do concello de Tomiño, no barrio de A Arrotea. Gústanlle os animais, na finca onde ten a burra obxecto desta entrevista tamén ten os cabalos, gústalle montar. Tamén ten ovellas, cabras e o gardián da finca un can da raza Mastín español que fai boas migas coa burra.

Agradecemos a súa colaboración coa asociación Anabam na elaboración deste censo de Burros do Baixo Miño.

P1080087

 

Ricardo: ¿O nome da burra é Cuca verdade?

Javier: Si é Cuca

Ricardo:  ¿E te foi regalada polos pais de Mónica por que ten o espiñazo dobrado e non sirve para traballar?

Javier: Así é, debeu de ser cargada cando aínda era pequerrechiña. Colleu unha curvatura  como a dos cabalos cando os montas moi cedo, cando son moi novos e non están completamente formados.

Ricardo: ¿Cantos anos tera agora?

Javier:  Debe de ter entre 8 e 10 anos

Ricardo: A burra é regalada ,¿E para que a tes?

Javier: Porque me gusta, é un hobby e tamén para estar cos outros animais.

Ricardo:  ¿Como se chama o can e que tal se leva con ela?

Javier:  Chamase Leo é un Mastín español e lévanse moi ben, aínda xogan os dous. Leo aínda é moi novo.

Ricardo:  ¿Canto tempo leva Cuca contigo?

Javier:  Oito meses ou así e xa está adaptada, é unha burra moi dócil.

Ricardo:  ¿A parte de estar nesta finca a levas a facer algo?

Javier:  A  levo aí arriba no baldío a pastar cos cabalos. Tamén lle metín un pouco a grada para probar como tiraba e tirou,  ía como un relo a coitada. Ela tirar, tira da grada.

Ricardo: ¿ Xa tiveras algún burro antes de “Cuca”?

Javier:  Si fai tempo, coa miña nai tiñamos un burro. Andaba co carro,coa grada a sementar  o millo.

Ricardo:  ¿Había moitos antes por aquí ?

Javier:  Antes si, case todas as casas tiñan. Debía de haber uns 15 ou 20.

Ricardo:  ¿Que lle das de comer?

Javier:  Normalmente sae a pastar, tamén herba seca e cebada para que este bonita.

Ricardo: ¿ Ferrada non esta ?

Javier:  Non, nunca estivo ferrada. Rebáixolle eu os cascos, fágolle igual que lle fago aos cabalos. Agora xa lle toca rebaixarlle un pouco que xa empeza a telos moi grandes.

Ricardo:  ¿ E a os cabalos os preparas ti?

Javier:  Si claro, rebáixolle os cascos e os ferro eu tamén. Xa teño as ferramentas para facelo, pero so o fago cos meus cabalos.

Ricardo:  Cuca se ve que é moi dócil e amigable cos animais e coas persoas . Aquí  ten un bo lugar para vivir.

Fin

P1080089

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s