Presentación

1º Censo de Burros do Baixo Miño é un proxecto de ANABAM iniciado no mes de Marzo de 2016 para coñecer algo mais destes animais domésticos antes tan necesarios e coñecidos, hoxe esquecidos  e en perigo de extinción.

Para elo percorreremos os camiños na procura dos poucos exemplares que quedan nas aldeas da nosa bisbarra, entrevistando os donos para coñecer algo mais destes simpáticos e traballadores animais.

Pretendemos tamén sensibilizar da necesidade de conservar unha especie que nos ven acompañando na nosa propia evolución dende tempos inmemoriais e que de  non remedialo desapareceran, en silencio, como algún día o fixeron eses muíños “cantareiros”, aos que tanto camiñaron pola súa fariñada, que co andar das augas cantaban  a súa “Muiñeira”.

Coa creación deste “Blog” pretendemos que este traballo teña un apartado especial dentro da páxina de Anabam.