A burra Luna

Clik para ver video Entrevista a Fina

Entrevista a Josefa Domínguez Fernández

Tui a 18 de Abril do 2016

p1070592

Fina vive en Pazos de Reis, parroquia do concello de Tui. No barrio de A Poboanza. Aí ten un destes animais, unha burriña.

Agradecemos a Fina a súa colaboración con ANABAM na elaboración do censo dos burros fariñeiros do Baixo Miño

Ricardo: Como se chama a burra?

Fina: Eu chámolle “Luna” pero tiña un nome moi raro, moi raro no libro.

Vouche buscar o libro para que vexas.

Ricardo: O libro e do Principado de Asturias, aquí no libro di que se chama “Taberna” e que a raza é “Zamorano-Leones”, tamén di que naceu o 10 de Abril do 2004

Fina: Ten xa case 5 anos comigo, compreina así grande xa.

Ricardo: Onde a compraches?

Fina: Comprouna meu primo a un home de Coruña por 400 € e a tivo 2 ou 3 meses, logo vendeuma a min tamén por 400 €. Como quería vendela díxenlle que ma vendera a min que a necesitaba para facer abono. Compreina porque necesitaba o abono para a horta e os cultivos.

Pero a burra da moito traballo e agora quero vendela.

Ricardo: Antes de ter esta burra, tiveras algún burro máis?

Fina: Non, non, nunca.

Esta burra tivo unha filla!

Un día estaba eu aquí a pastala e tiña así moita panza.

O día de San José fun arriba á corte a darlle de comer á burra, ás 9 da maña.

– Eu dixen! Que pasa aquí dentro? Un bulto negro!

E me vin a correr á casa a buscar un foco.

Abrín a porta e estáballe chupando unha filla a burra.

Entón a filla púxenlle Josefa como son eu, por que naceu o día de San José.

Ricardo: E que pasou coa filla?

Fina: A filla vendina, vendina en Sobrada.

Ricardo: Entón antes desta burra non tiveches ningún burro?

Fina: Non, nada, nada.

Ricardo: E é fácil de alimentar?

Fina: Si, eu bótolle herba, bótolle toxo, penso.

Ricardo: Pasoute algunha anécdota mais aparte do da filla ou que se te escapara?

Fina: Un día escapou, rompeu a corda, escapou para o monte. Eu Luna, Luna! Despois volveu ela soa.

Fin

p1070596

 

O burro Paco

burriquito-001

Entrevista a Manuel Romero propietario dun destes animais

Manuel vive nun barrio da parroquia de Randufe, no concello de Tui.  É o propietario dun dos poucos burros fariñeiros que quedan pola zona.

Agradecemos a colaboración de Manuel na realización deste censo.

Tui a 23 de Maio do 2016

Ricardo: ¿Como se chama o burro?

Manuel: O burro chámase Paco.

Ricardo: ¿Cantos anos ten?

Manuel: Ten 13 anos, tiña 5 anos cando o comprei e xa leva 8 comigo. É un burro que está capado.

Ricardo: ¿Con que fin o compraches?

Manuel: Compreino para facer abono.

Ricardo: ¿E da moito traballo mantelo?

Manuel: Non; da pouco, doulle de comer herba. Si traballara con el tiña que darlle penso ou millo pero non fai nada. Pasa moito tempo na corte.

Ricardo: ¿Canto te custou o compralo?

Manuel: Compreillo a un tratante por 300 € e mo trouxo aquí a casa.

Ricardo: ¿Antes deste tiveras algún outro?

Manuel: Non, este soamente, tivera daquela unha egua.

Ricardo: ¿Por esta zona había moitos antigamente?

Manuel: Si había ben deles.

Fin