«BLANCO»

Clik para ver video «Blanco»

P1110640

Esperanza e Casimiro Martínez Pérez móstrannos o seu burro «Blanco»

Esperanza e Casimiro viven en Tomiño no barrio de Vilar. Conversamos un rato con eles e nos contaron algunhas cousas sobre os burros. Particularmente do que posúen neste momento. O burro «Blanco»

Agradecemos a súa colaboración coa asociación Anabam na elaboración deste censo de Burros do Baixo Miño

P1110635

 

Chelo: ¿Como se chama o burro e cantos anos ten?

Esperanza: Chámase blanco. Ten entre 14 e 15 anos, con nos debe levar 10 ou 11e xa tiña 4 anos.

Chelo: ¿O compraron?

Esperanza: Si, en Vilagarcía.

Chelo: ¿Que lle dan de comer?

Esperanza: Herba seca e pasto.

Chelo: ¿E non lle dan penso, “un mimo”?

Esperanza: Mimo non, solo cando era para gradar ou así.

Chelo: ¿Da moito traballo?

Esperanza: Ningún, é como unha ovella máis.

Chelo: ¿En que se traballaba con el?

Esperanza: Botar as patacas, arar, gradar o millo, ir a por herba.                                       Saíu na TVG, nese programa de criaturas. Puxéronlle aquí as ferraduras. Logo viñeron outro día que tiñamos que botar un campo de millo, estiveron todo o día con nós.

Chelo: ¿Que lle gusta a el?

Casimiro: Saír e tirarse no chan a espuxarse un rato, pastar.

Chelo: ¿Normalmente non sae de aquí, deste entorno?

Casimiro: Levámolo para alí arriba da finca e pola semana como a muller e a veciña non saben andar co Chimpín, van con el a buscar un carro de herba. É o traballo que fai.

Chelo: ¿Necesita coidados do veterinario?

Casimiro: Ata a fecha non. Nos dúas veces ó ano desparasitamos as ovellas e a el tamén. Na primavera e no outono.

Chelo: ¿Necesita que lle coiden o pelo?

Casimiro: Ao chegar a primavera, que é cando muda o pelo, pasámoslle un cepillo.

Chelo: ¿É fácil de coidar?

Casimiro: Si, si. Este coas ovellas deuse moi ben. As ovellas están aí con el na corte, paren as crías e nunca lles fixo nada. É moi dócil.

Chelo: ¿Tiveron máis burros?

Casimiro: Tivemos un anterior a este, fará sobre 20 anos. Chamábase “Valerio”. Era negro e era máis pequeno que este.                                                                                                        Este cos cans lévase moi ben, en cambio Valerio si miraba un can cepillábao coa pata.

Ricardo: ¿Que tal é cos nenos?

Casimiro: Estupendo. Temos unha neta que cada vez que ven aquí xoga con el.

Ricardo: ¿E monta enriba del?

Casimiro: ¡Ai! Iso é o único que ten, que montar non deixa. Mira que meu fillo monta en cabalos e unha vez intentouno con el e tirouno.  O que o monten non vai con el. Tirar do carro ou o que sexa si, pero que o monten non.

Chelo: E as órdenes que lle dan fai ben, ¿está acostumado?

Casimiro: Si, iso non hai fallo. Queda co carro só é non se move. Para ferrar e moi mansiño.

Ricardo: ¿Rebuzna moito?

Casimiro: Este non nos enteramos. Eu nunca o escoitei. As veces dicimos, ¡debe de ser mudo!

Ricardo: ¿Non o escoitastes rebuznar nunca?

Casimiro: Non nunca, fai un son baixo.

Chelo: ¿O carro o compraron cando viu el?

Casimiro: Non, xa o tiñamos na casa. Cando viu Blanco non levaba ben o carro, pero despois adaptouse moi ben.

Chelo: ¿Canto pode custar un burro?

Casimiro: Este custoume xa daquela sobre 900 € e tiven unha burra máis grande que este que tamén me custara por aí.                                                                                                        Esa burra estivo pouco tempo, comeu castañas (que eu non sabía) e deulle un cólico. Veu o veterinario e non houbo forma. Inchan coas castañas, igual que lles pasa co millo se beben auga. A tivemos 4 meses ou así e morreu. Daquela si que me quedou moita pena.    Este, dende que temos o chimpín no lo querían comprar, pero como non da gasto nin traballo, seguimos con el mentres aguante.

Fin

 

p1110649.jpg