«PANCHITA»

Clik para ver video «panchita»
p1070760-copia

Entrevista a Julio Diz Diz e a súa esposa Aurelia Lago Vizoso

Tomiño a 26 de Maio do 2016

Julio e Aurelia viven en Amorín, parroquia do concello de Tomiño. No barrio de Outeiro.

Foi un pracer charlar un rato con Julio e Aurelia, agradecemos a súa colaboración coa asociación Anabam na elaboración deste censo de Burros do Baixo Miño.

p1070761

Ricardo: ¿Que é burro ou burra?

Aurelia: É unha burra e chamase “Panchita”. Puxémoslle Panchita por que o que no la vendeu chamábase Pancho, entonces quedoulle Panchita a ela.

Ricardo: ¿Cantos anos terá?

Aurelia: Supoño que debe ter uns 26 ou 27 anos e estivo sempre con nós aquí. Comprámola cando ela tiña 6 anos.

Ricardo: ¿E onde a compraron?

Julio: Comprámola aí en Sobrada a un chico que tiña cabalos e este burriño, hasta traballaba con el. Comprámoslle o carro e todo.

Ricardo: ¿Para que compraron a burra?

Aurelia: Para ir a herba. Agora xa non, xa non traballa ela e nos tampouco. Para levar o abono, sementaba tamén, traíanos a broza do monte.

Foi moi traballadora, traballou moito.

Ricardo: ¿Para guiala era fácil?

Julio: Para guiala tanto é que subo no carro e sabe para onde vou.

Ricardo: ¿E como o sabe?

Julio: Ó saír da casa e coller dirección ela sabe os campos todos.

Mira, si salgo de aquí da casa, aí abaixo hai un cruce, atraveso o cruce polo medio, e máis abaixo hai un camiño para a dereita e outro para a esquerda, e con só darlle un chisquiño na corda xa vai a finca do río.

Aurelia: Porque el sube no carro e o chegar a finca xa ela para.

Ricardo: ¿O chegar a finca xa para ela?

Aurelia: Si, si xa para, e moitas veces como el para nalgún sitio a falar con alguén o volver a pasar polo mesmo sitio se hai alguén xa para.

Julio: Solo cando hai xente.

Aurelia: Foi moi obediente ¡que din cos burros son tercos! Esta non é nada terca a verdade. Moi obediente a verdade, por iso que cando morra a imos a sentir moitísimo.

Julio: A vou a sentir porque era o meu coche.

Ricardo: ¿Antes desta tiveran outros burros?

Julio: Non, non só esta.

Ricardo: ¿Da moito traballo coidar a un burro?

Aurelia: O que quere telo ben coidadiño da o seu traballo, porque hai que limpala de vez en cando. Agora mesmo está cambiando o pelo.

No verano cólleme aí nas patas, pícanlle as moscas e temos que darlle un tratamento para curala.

Julio: Hai que darlle o seu penso.

Ricardo: ¿Esta estivo ferrada?

Julio: Ferreina unha vez e non lle ía ben.

Ricardo: ¿Que outros nomes de burro había por aquí, recordan?

Aurelia: Había outro por aí que tiña Genaro, pero non sei si lle puxeron nome ou non.

Ricardo: ¿E había moitos burros por aquí antes?

Aurelia: Había, había. Antes había aí na Rotea, outro xunto a igrexa, había si. Na Rotea había dous e outro no Bacelo.

Ricardo: ¿E para que os tiñan por aquí, para o campo?

Aurelia: Si para o campo.

Ricardo:  ¿Que raza é?

Aurelia: Pois non creo que sexa Fariñeiro completo, eu creo que ten cruce.

Ricardo: ¿Danlle penso tamén, aparte de herba?

Julio: Si, porque hai que repoñela un pouquiño.

Ricardo: ¿E millo?

Julio: Si, antes si, pero é malo, como o pan seco, que lle indixesta.

Fin

p1070760p1070764