MUIÑOS & BURROS

CLIK PARA VER VIDEO  «XVI EDICIÓN»

P1120258

                                                                                                                                                    «Ximena» co seu burriño

P1120273

                                                                                                                                                                                 «Rosalía»

XVI EDICIÓN OS NOSOS FARIÑEIROS MUÍÑOS & BURROS

Ven de celebrarse no pasado día 7 de Maio e organizada pola Asociación «Muiñeiros do Río Tripes» a XVI edición Os Nosos Fariñeiros Muiños & Burros.

Como ben sendo corriente nestes últimos anos. O Río Tripes en Tui volveu ser escenario desta festa, na que, os muiños que durante seculos formaron parte desta paisaxe do Río volveron tomar protagonismo.

E como non podía ser doutra maneira nesta festa, compartindo protagonismo cos animais que  forman parte  da cultura destas tradicionais construcións.

Como dí Alberto Romero presidente da Asociación . O Río Tripes xunta as dúas parroquias de Tui que comparten os muiños onde se celebra a festa. Randufe e Pazos de Reis.

A asociación encargase de cuidar e preparar 25 dos 40 muíños que ten o Río Tripes. Dous de estes muíños puideronse ver en funcionamento durante a festa, facendo a fariña do millo como se facía antigamente.

Os burros non podían faltar nesta festa. Nesta ocasión contóuse coa  burra «Rosalía», e a burra «Ximena» acompañada do seu cativo con apenas un mes de vida.

Os mais pequenos foron os que mais disfrutaron coa presencia  destes nobres animais.

Ademais dos membros da asociación que se encargaron de todo o relacionado co funcionamento da festa.

A XVI Edición contou con:

  • Treboada «Os da Fonte Do Frade» do concello de Tomiño
  • Cantadeiras «E Dalle»
  • Grupo folclórico «Muiñeiros do Río Tripes»

Veciños e visitantes disfrutaron desta XVI Edición.

 

Dedicatoria:  a Asociación Muiñeiros Do Río Tripes, aos colaboradores e a todas as persoas que co seu interes fan posible que esta festa continue realizándose.

P1120351

 

 

 

«CUCA»

clik para ver video«cuca»

P1080081 - copia

 

Javier  Gayoso Fernández enseñanos a súa burra Cuca

Javier vive en Amorín, parroquia do concello de Tomiño, no barrio de A Arrotea. Gústanlle os animais, na finca onde ten a burra obxecto desta entrevista tamén ten os cabalos, gústalle montar. Tamén ten ovellas, cabras e o gardián da finca un can da raza Mastín español que fai boas migas coa burra.

Agradecemos a súa colaboración coa asociación Anabam na elaboración deste censo de Burros do Baixo Miño.

P1080087

 

Ricardo: ¿O nome da burra é Cuca verdade?

Javier: Si é Cuca

Ricardo:  ¿E te foi regalada polos pais de Mónica por que ten o espiñazo dobrado e non sirve para traballar?

Javier: Así é, debeu de ser cargada cando aínda era pequerrechiña. Colleu unha curvatura  como a dos cabalos cando os montas moi cedo, cando son moi novos e non están completamente formados.

Ricardo: ¿Cantos anos tera agora?

Javier:  Debe de ter entre 8 e 10 anos

Ricardo: A burra é regalada ,¿E para que a tes?

Javier: Porque me gusta, é un hobby e tamén para estar cos outros animais.

Ricardo:  ¿Como se chama o can e que tal se leva con ela?

Javier:  Chamase Leo é un Mastín español e lévanse moi ben, aínda xogan os dous. Leo aínda é moi novo.

Ricardo:  ¿Canto tempo leva Cuca contigo?

Javier:  Oito meses ou así e xa está adaptada, é unha burra moi dócil.

Ricardo:  ¿A parte de estar nesta finca a levas a facer algo?

Javier:  A  levo aí arriba no baldío a pastar cos cabalos. Tamén lle metín un pouco a grada para probar como tiraba e tirou,  ía como un relo a coitada. Ela tirar, tira da grada.

Ricardo: ¿ Xa tiveras algún burro antes de “Cuca”?

Javier:  Si fai tempo, coa miña nai tiñamos un burro. Andaba co carro,coa grada a sementar  o millo.

Ricardo:  ¿Había moitos antes por aquí ?

Javier:  Antes si, case todas as casas tiñan. Debía de haber uns 15 ou 20.

Ricardo:  ¿Que lle das de comer?

Javier:  Normalmente sae a pastar, tamén herba seca e cebada para que este bonita.

Ricardo: ¿ Ferrada non esta ?

Javier:  Non, nunca estivo ferrada. Rebáixolle eu os cascos, fágolle igual que lle fago aos cabalos. Agora xa lle toca rebaixarlle un pouco que xa empeza a telos moi grandes.

Ricardo:  ¿ E a os cabalos os preparas ti?

Javier:  Si claro, rebáixolle os cascos e os ferro eu tamén. Xa teño as ferramentas para facelo, pero so o fago cos meus cabalos.

Ricardo:  Cuca se ve que é moi dócil e amigable cos animais e coas persoas . Aquí  ten un bo lugar para vivir.

Fin

P1080089